A CIG fai caixa cos empregados públicos

CIG hace caja con los empleados públicosO sindicato nacionalista non asina o acordo da devolución do complemento da paga extra de 2013 porque lle sae máis rendible a batalla xudicial tanto a nivel partidista con vistas aos próximos procesos electorais como a nivel económico.

Os empregados públicos cobrarán este ano unha media de 180 euros polo complemento específico da paga extraordinaria correspondente á prestación de servizos de xaneiro e febreiro de 2013 que a Xunta de Galicia recortou ilegalmente xa que aplicou con efecto retroactivo a lei que aprobou en marzo para anular este suplemento autonómico.

Este acordo, e a recuperación da extra íntegra a partir de 2017, pechouse a semana pasada coa Xunta despois de que pelexásemos pola súa devolución desde o mesmo día do seu recorte, tal e como seguiremos facendo en CSI-F até recuperar a totalidade dos dereitos que os traballadores da Administración dispuñamos en 2009.

A CIG foi a única forza sindical que non se sumou ao acordo. Non o fixo, argumenta, porque “a Xunta estaba obrigada a iso”, afirmación que compartimos porque o recorte foi ilegal e por iso tamén actuamos ante a Xustiza. Pero, como a pesar de que estaba obrigada non o facía, traballamos de maneira paralela as negociacións coa forza das sentenzas na man. A CIG, con todo, prefería seguir coa pelexa xudicial, onde, asegura, foi o sindicato que “actuou con maior intensidade”. O que non comenta é que esa intensidade lle resulta moi beneficiosa xa que cobra por cada demanda que presenta. É dicir, bendita pelexa xudicial coa que fai caixa. E non, non todas as OO.SS optamos por aproveitarnos dos recortes da Xunta xa que en CSI-F non cobramos por presentar as demandas dos nosos afiliados.

No caso da CIG é máis grave se cabe se poñemos sobre a mesa a cantidade de millóns que en concepto de subvencións recibe da Xunta de Galicia, aínda que é verdade que agora un pouco menos, pero parece que o que non percibe do Goberno galego llo quere cobrar aos empregados públicos.

A CIG criticou a CSI-F nun panfleto titulado “CSI-F vainos a pagar a extra do 2013” porque asinamos o acordo, acordo que, por certo, tamén firmaron UGT e CC.OO. Quizais estes sindicatos non sexan para a CIG tan bos pagadores.

Os nacionalistas acúsannos de realizar “un exercicio esquizoide” nas negociaciaciones, xa que pedimos que no canto de abonar o 50% este ano e outro 50% en 2017 como inicialmente pretendía a Xunta, esiximos que “ante a incerteza electoral”, este ano se abonase polo menos o 70%, e ao final logrouse o 100%.

Que se conseguiu porque é ano electoral? Pois seguramente sexa en parte unha medida electoralista, como o foi a devolución da paga extra do 2012, pero especialmente incidiu a cantidade de demandas presesentadas xa que facer fronte a cada unha lle custa á Xunta ao redor de 300 euros, é dicir, unha cifra superior á cantidade a abonar a cada traballador. De calquera das maneiras, desde CSI-F non nos imos a negar a asinar todo aquilo que sexa recuperar o que se nos recortou.

A CIG, no seu comunicado, identifica aos sindicatos asinantes co PP e dá por feito, ademais, que no PP “saben que non van repetir” na Xunta. Debe ser por iso que prefire esperar máis tempo facendo caixa co tema da paga extra a ver se con sorte o abono faino un Goberno máis afín, se é que o fai, e así os réditos poden ser dobres: electorais e económicos.

Pero esa é a diferenza entre CSI-F, sindicato independente, e a CIG, que nós imos pelexar igualmente porque se recuperen os dereitos dos empregados públicos, xa sexa o PP quen Goberne ou calquera outro partido. Porque CSI-F, a diferenza do sindicato nacionalista, non está en campaña electoral para gobernar en Galicia.