Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Nota informativa do Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral

Seguridade laboralCOMITÉ INTERCENTROS DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL (29 de setembro de 2016)

Recóllese un breve resume dos asuntos que se abordaron no Comité Intercentros do pasado 29 de setembro de 2016 con respecto á seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da última xuntanza.

Apróbase a acta correspondente á xuntanza do 5 de xullo de 2016.

  1. Debate sobre os datos de sinistralidade laboral do primeiro semestre deste ano.

Preséntase por parte do responsable do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta un informe da sinistralidade a data de 15 de setembro de 2016, clasificando os accidentes pola súa tipoloxía (in itinere, sen baixa e con baixa) así como pola súa gravidade (Moi graves, graves e leves) acaecidos ata esta data.

O máis salientable deste informe é que as consellerías afectadas son, unha vez máis, a Consellería de Medio Rural (80 accidentes con baixa) e a de Política social –área Benestar- (con 176 accidentes con baixa). Do mesmo xeito, destaca o tramo de idade dos accidentes, sendo nos tramos de idade de 41-50 anos e de 51-60 anos sobre todo nos que se dan o maior número.

Ante esta situación a CSI•F manifestou que, a pesar de incrementar a formación específica en PRL nos sectores onde se propuxeron o maior número de accidentes, seguen a rexistrarse unha porcentaxe de accidentes de forma análoga e similar ao período do ano anterior. Polo tanto, dende CSI•F propuxemos en que se incidise nas medidas de tipo organizativo pois queda demostrado, á vista destes datos, que as de tipo formativo non son suficientes.

Así, acórdase remitir por parte deste Comité Intercentros un escrito a estas consellerías para trasladar os datos de sinistralidade e insistirlle na revisión e implantación das medidas preventivas.

  1. Problemática na retirada de niños de vespa velutina e traslados de animais.

Este punto da orde do día foi introducido á petición da CSI•F como consecuencia da problemática detectada nas actuacións que se levan a cabo tanto na retirada de niños de vespa velutina como na retirada de animais salvaxes, afectando ás Consellerías de Medio Ambiente e do Medio Rural. Neste senso, CSI•F presentou un informe das posibles incidencias e deficiencias observadas neste eido, que a modo de resume, podemos clasificar nas seguintes:

Para o debate deste punto da orde do día, o SPR invitou ao técnico especialista que realizou a avaliación e a planificación de riscos neste eido, informando dos documentos existentes e das medidas propostas para tales cometidos. Ao respecto, dende CSI•F agradecemos a comparecencia de dito experto, pero manifestamos que o problema non radica na existencia ou non existencia dos documentos escritos ou formais respecto das medidas que se deben adoptar neste eido, senón que o problema provén dunha deficiente ou inexistente posta en marcha dos protocolos de prevención e seguridade deseñados.

Tras un extenso debate, de conformidade co solicitado pola CSI•F, o Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral acorda solicitar, á vista dos feitos descritos, unha reunión conxunta cos respectivos responsables das Consellerías de Medio Ambiente e Medio Rural para solicitar información e concretar as actuacións que poidan precisarse neste ámbito concreto de actuación.

  1. Información sobre a situación a día de hoxe, das pólizas de seguro dos vehículos oficiais.

Con respecto a este punto, trasládesenos información respecto do estado actual da posta en práctica do acordo adoptado no seo deste comité respecto da aplicación da contratación centralizada aos vehículos oficiais da Xunta para que todos dispuxesen de idéntica cobertura. Neste senso, infórmasenos que todos os vehículos oficiais da Administración Xeral da CC.AA e os dos Organismos Autónomos xunto con algunha Axencia Pública están cubertos conforme a dita contratación centralizada. En canto aos vehículos de “renting” infórmasenos que nos contratos de seguros que deben incluír dita contratación se inxeriu unha cláusula pola que deben prestar, como mínimo, a mesma cobertura que o da contratación centralizada da Xunta.

  1. Rogos e preguntas.

Tal e como se acordar no anterior pleno, a Administración comprometérase a presentar unha nova proposta de acordo en materia de PRL.

O presidente do CISSL manifesta que, dada a convocatoria de eleccións e o posible cambio na estrutura orgánica da Xunta de Galicia, non procedeu á súa presentación pero que retomará en breve a presentación de dita proposta.

 

Salir de la versión móvil