Acordos e novas sobre seguridade e saúde laboral na Administración Xeral da Xunta

Boletín informativo co resumo dos temas abordados no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral así como na Comisión Paritaria de seguimento do acordo en materia de PRL do pasado 5 de outubro:

Puntos principais:

  • Apróbase a proposta presentada pola CSIF respecto da nova enquisa voluntaria para a detección de riscos psicosociais nos centros de traballo.
  • Apróbase a solicitude formulada pola CSIF pola que se elaborará un procedemento/protocolo da avaliación específica dos riscos psicosociais, no que se incardine a enquisa anterior.
  • O CISSL, a petición da CSIF, instará á “Mutua Gallega” a que elabore un informe respecto dos criterios que se seguen para cobertura dos accidentes in itinere nos casos dos empregados públicos da Xunta que desfrutan de horarios de flexibilidade, conciliación e/ou permisos varios.
  • Apróbase a nova configuración dos comités de seguridade e saúde laboral para axustalos á nova estrutura organizativa da Xunta de Galicia.
  • Configúrase un grupo de traballo no seno da Comisión Paritaria para o estudo dunha nova estrutura preventiva na Xunta baseada na transversalidade da actuación dos comités preventivos.
  • Informe de sinistralidade, etc.

Consultade aquí a totalidade do ➡ BOLETÍN