Os delegados da CSIF veñen de solicitar a convocatoria de plenos extraordinarios nós comités polo acordo de integración do Consorcio de I+B e a creación de categorías (PSX – Xerocultor)
Tras os derradeiros acontecementos, nos que a Dirección Xeral da Función Pública ven de pactar en segredo cos sindicatos CIG, CCOO e UGT a folla de ruta e o texto definitivo cara a creación das categorías de PSX e Xerocultor, os delegados da CSIF solicitan a convocatoria urxente de plenos extraordinarios nós Comités de Empresa da Consellería de Política Social para que os traballadores podan coñecer o posicionamento dos seus representantes sobre dita cuestión.
É urxente a súa convocatoria porque é inminente a convocatoria da Dirección Xeral da Función Pública ó Comité Intercentros para a votación do acordo de creación das categorías de PSX e Xerocultor.
En todo caso, creemos que os Comités de Política Social, como primeiros afectados pola falcatruada, no poden mirar cara outro lado nin facer deixación das súas funcións.
E obriga de ditos comités, como órganos independentes que son, dar a cara e posicionarse sobre unha cuestión de vital importancia para os empregados públicos que representan e que marcará o futuro de moitos deles.
E por último dicir que non. Que non é certo o que están a dicir algúns…“como o goberno o quere facer nos non podemos facer nada”. Todo o contrario, podemos e debemos. Se na votación do Comité Intercentros sete dos seus membros votan en contra mandamos o carallo o plan do goberno para devaluar o emprego público.
Por hixiene democrática esperamos que ninguén impida a celebración dos plenos extraordinarios. Xa os contaremos….
- Nota en PDF
