PROMOCIÓN INTERNA SEN ACCESO LIBRE = DESPIDOS DE INTERINOS
Aprobada a promoción interna sen acceso libre co voto en contra da CSIF
Na xuntanza da Comisión de Persoal celebrada no día de hoxe, 4 de agosto de 2017, CSIF votou en contra das bases das convocatorias que rexerán os procesos de promoción interna recollidos na OPE 2016 (CCOO abstención. UGT en contra. CIG a favor do proceso de promoción interna de Bombeiro Forestal Condutor de Motobomba, en contra no grupo V)
Polo tanto, e ante o vergonzoso incumprimento dos acordos asinados, dende a CSIF mantemos o compromiso adquirido cos nosos compañeiros do SPDCIF e votamos en contra dunhas bases, que ademais de chapuceiras, supoñen o desmantelamento do plan de redución da temporalidade no SPDCIF pactado no Acordo de Bombeiros Forestais.
Todos temos dereitos; os fixos a promocionar e concursar, e os temporais a ter a oportunidade de consolidar os seu traballo. Pero a resolución de estes procesos SEN ACCESO LIBRE aprobados no día de hoxe implicará o DESPIDO de compañeiros temporais sen darlles ningunha oportunidade de pelexar polo seu posto de traballo. E iso non é xusto nin quizais legal, e CSIF non o apoia.
Dende a CSIF seguimos a manter que os procesos selectivos no SPDCIF débense facer como persoal laboral ate rematar coas impresentables taxas de temporalidade existentes no servizo. E posteriormente acometer con tranquilidade a negociación dos procesos de funcionarización. Esa folla de ruta é a única que garante dende o principio que todos os compañeiros cumpran os requisitos para presentarse e, máis importante aínda, que se oferten ás máis de 900 prazas vacantes existentes na actualidade.
