CSIF rexeita o plan da Xunta de anular as oposicións ás categorías de persoal laboral do SPDCIF

PROMOCIÓN INTERNA SEN ACCESO LIBRE = DESPIDOS DE INTERINOS

Aprobada a promoción interna sen acceso libre co voto en contra da CSIF

Na xuntanza da Comisión de Persoal celebrada no día de hoxe, 4 de agosto de 2017, CSIF votou en contra das bases das convocatorias que rexerán os procesos de promoción interna recollidos na OPE 2016 (CCOO abstención. UGT en contra. CIG a favor do proceso de promoción interna de Bombeiro Forestal Condutor de Motobomba, en contra no grupo V)

Nas nosas alegacións, presentadas no pasado mes de xuño, esiximos a Función Pública que remitiran as convocatorias de acceso libre de persoal laboral. Tamén esiximos que ditas convocatorias debían de ser negociadas paralelamente ás de promoción interna. Asemade advertiamos que nosas alegacións se formulaban sempre baixo a esixencia do cumprimento da totalidade do acordo subscrito por CSIF en 2016 e da OPE de ese mesmo ano.

Polo tanto, e ante o vergonzoso incumprimento dos acordos asinados, dende a CSIF mantemos o compromiso adquirido cos nosos compañeiros do SPDCIF e votamos en contra dunhas bases, que ademais de chapuceiras, supoñen o desmantelamento do plan de redución da temporalidade no SPDCIF pactado no Acordo de Bombeiros Forestais.

Todos temos dereitos; os fixos a promocionar e concursar, e os temporais a ter a oportunidade de consolidar os seu traballo. Pero a resolución de estes procesos SEN ACCESO LIBRE aprobados no día de hoxe implicará o DESPIDO de compañeiros temporais sen darlles ningunha oportunidade de pelexar polo seu posto de traballo. E iso non é xusto nin quizais legal, e CSIF non o apoia.

Dende a CSIF seguimos a manter que os procesos selectivos no SPDCIF débense facer como persoal laboral ate rematar coas impresentables taxas de temporalidade existentes no servizo. E posteriormente acometer con tranquilidade a negociación dos procesos de funcionarización. Esa folla de ruta é a única que garante dende o principio que todos os compañeiros cumpran os requisitos para presentarse e, máis importante aínda, que se oferten ás máis de 900 prazas vacantes existentes na actualidade.