CIG e CSIF consideramos que a anulación do acceso libre da OPE 2016 por parte da Xunta de Galicia baseándose nun incerto proceso de funcionarización, non só conlevará un longo e complexo proceso de negociación que xera incertezas entre os profesionais senón que, ademais, pon en grave risco tanto as 188 prazas do 2016 como as OPE ́s pactadas para os próximos catro anos no Acordo de bombeiros forestais. Unha das primeiras consecuencias será a exclusión dás 436 prazas vacantes de 3 meses dos procesos selectivos.
CSIF e CIG esiximos a convocatoria de OPE para a cobertura de tódalas vacantes existentes no SPDCIF como persoal laboral, previo a calquer proceso de funcionarización, tal e como asinamos no acordo de bombeir@s forestais e segunda actividade no mes de Setembro do pasado ano.
Anulación do acceso libre, interinización do persoal temporal con perda de dereitos e posibles despidos, concurso de traslados e promoción interna sen posibilidades para os interinos, funcionarización sen negociación, escalas mal creadas na lei de orzamentos…
NECESITAMOS MÁIS RAZÓNS?
- ASEMBLEA INFORMATIVA da CIG e da CSIF
- MÉRCORES 21 DE XUÑO. 17 HORAS.
- CASA DA CULTURA DE SILLEDA
—–