Procesos de Promoción Interna de funcionarios de carreira e procesos de funcionarización do persoal laboral.
Nota informativa da reunión coa Dirección Xeral de Función Pública do día 17 de decembro de 2019.
Sen prexuízo das modificacións que poidan producirse nas bases das convocatorias na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos do día 18 de decembro, adiantamos a seguinte información de carácter xeral:
⇒ I.- Promoción Interna dos funcionarios de carreira:
Pagamento de taxas por dereito de exames:
CSIF solicitou a exención do pagamento de taxas.
Función Pública afirma que non é posible proceder á exención nin á redución de taxas nos procesos de promoción interna dos funcionarios de carreira, toda vez que a lexislación non o permite.
Sen embargo, os procesos de funcionarización do persoal laboral (que tamén se configuran por lei como unha promoción interna) si quedarán exentos do pagamento de taxas. Neste caso, Función Pública fará unha aplicación analóxica da Lei reguladora do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
Bases das convocatorias:
CSIF solicitou bases homoxéneas para todos os procesos, toda vez que as bases son diferentes dependendo do subgrupo profesional.
Publicación das convocatorias:
CSIF solicita que non deben publicarse as convocatorias ou, cando menos, non abrir o prazo de inscrición nos procesos ata a resolución dos procesos de promoción interna aínda abertos. De non ser así, obrigarían ao pago de taxas e de matrículas nas academias a funcionarios que poderían ter superado os procesos de promoción interna pendentes de resolución. CSIF denuncia un afán recaudatorio por parte da Administración.
Data do primeiro exercicio dende a publicación das bases da convocatoria:
CSIF solicita un prazo mínimo de seis meses. Elo para conxugar os intereses dos funcionarios dos que presentándose ao proceso anterior non o superaron e desexan que o primeiro exercicio teña lugar nun prazo curto, cos intereses dos funcionarios que se presentan por primeira vez.
Función Pública pretende facer coincidir a resolución deste procesos coa resolución dos procesos de estabilización e acceso libre, así como coa resolución do concurso de traslados.
Temarios dos procesos:
CSIF solicita unha adecuación dos temarios da promoción interna dos funcionarios de carreira aos temarios dos procesos de funcionarización dos corpos xerais. E elo debido a que as tarefas que van realizar as persoas que superen ambos procesos van ser idénticos.
Dita proposta é rexeitada por Función Pública coa connivencia de CCOO e UXT.
Reserva da nota de corte:
Dende CSIF entendemos que os procesos de promoción interna nos que a estrutura dos exercicios sexa similar aos procesos pasados, debe de reservarse a nota de corte. Nos procesos nos que a estrutura dos exercicios é diferente, debe de buscarse unha fórmula que satisfaga tanto aos opositores dos procesos anteriores como aos que se presentan por primeira vez.
Fase de oposición:
CSIF propón un sistema de superación da fase de oposición que garanta que a fase de concurso teña eficacia. A experiencia dos procesos que aínda se están desenvolvendo pon en evidencia que co sistema de Función Pública á fase de concurso pasan menos de dous aspirantes por praza convocada. O que desvirtúa por completo o sistema de “concurso oposición”.
O Director Xeral de Función Pública ignora de maneira manifesta a proposta de CSIF.
Participación da EGAP
CSIF solicita a elaboración e publicación das materias obxecto dos procesos pola EGAP. Así como a posta en marcha dun sistema de preparación dos procesos pero a través doutra empresa e corrixindo os graves erros da edición anterior.
Número de prazas a convocar:
Despois de que nas OPES 2018 e 2019 os sindicatos asinantes do Acordo de concertación, CCOO e UXT, criticasen publicamente a CSIF por esixir multiplicar o número de prazas de promoción interna, piden un aumento das prazas por consideralas insuficientes. Elo a pesar de saber que, unha vez publicadas as OPEs, o número de prazas non pode modificarse.
Outras novas:
Función Pública estudiará a posibilidade de cambiar voluntariamente de posto de traballo do funcionario que promocione.
Na elección de destino dos postos abertos a varios subgrupos, darase preferencia aos funcionarios que superaron os procesos de promoción interna con respecto aos de acceso libre.
Función Pública estudiará a ampliación do tempo de realización dos exercicios. En todo caso, nunca será inferior ao tempo habilitado no procesos anteriores.
Función Pública afirma que, no traballo desenvolvido, non se terá en conta o tempo de permanencia na situación de comisión de servizos.
Nos subgrupos C2 e C1, Función Pública estudiará a supresión ou redución dos temas relacionados coa Lei de Contratos e coa Lei de Inclusión Social.
No subgrupo A1, Función Pública estudiará a redución de temarios.
Conclusións da CSIF:
Despois desta reunión previa á Mesa Xeral, só podemos extraer unha conclusión en claro:
A verdadeira motivación de Función Pública para dificultar e obstaculizar a promoción interna, vén dada para evitar que os funcionarios de carreira poidan ver incrementada a súa base de cotización e, con ela, o importe da pensión por xubilación.
Función Pública é plenamente consciente que máis da metade do persoal funcionario de carreira da Administración Xeral supera os 53 anos de idade. E que a promoción a un subgrupo superior implica un incremento substancial da base de cotización nos anos que lle resta de vida laboral a maioría dos funcionarios. O que lle redundaría, igualmente, nun aumento importante na cuantía da futura pensión a percibir en poucos anos.
⇒ II.- Procesos de Funcionarización do persoal laboral:
A negociación destes procesos non se levará a cabo na Mesa Xeral do día 18 de decembro. Quedará para unha Mesa posterior. Non obstante na reunión do día de hoxe abordáronse as seguintes cuestións:
Pagamento de taxas por dereitos de exame:
O persoal que participe neste procesos quedará exento do pagamento de taxas. Elo por unha aplicación analóxica da Lei reguladora do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
Efectos da non superación dos procesos de funcionarización:
Función Pública ratifica que o persoal laboral que non supere os procesos de funcionarización non so deixará de percibir o complemento de carreira, senón que lle será aplicada a vixente Orde de confección de nóminas, polo que terá que devolver as cantidades percibidas.
Persoas aspirantes:
Unicamente poderán participar nestes procesos as persoas que ocupen os postos que saian relacionados no Anexo II.
Sobre o persoal proveniente de entes instrumentais que optaron pola integración como persoal laboal da Xunta de Galicia, Función Pública non dá unha resposta concreta sobre si serán obxecto de funcionarización. En concreto, CSIF pregunta polo persoal laboral fixo de Gain.
Calendario dos procesos Funcionarización:
Primeiro, tense que publicar a modificación da Lei de emprego público de Galicia coa creación das novas escalas de persoal funcionario.
Unha vez isto, publicarase o Decreto de funcionarización. Dito decreto contén modificacións con respecto ao documento que se aprobou na Comisión de Persoal, derivadas dos informes da Asesoría Xurídica Xeral así como do Consello Consultivo. De ditas modificacións dará conta Función Pública, previsiblemente na Mesa Xeral do día 18 de decembro.
Por último, publicaranse as ordes das convocatorias dos procedementos de funcionarización. E, previsiblemente, o prazo de realización do primeiro exercicio será de tres ou catro meses dende a publicación das Ordes.