
- A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n
- Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense s/n
- Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas; s/n
- Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa María Victoria Moreno, nº 43
A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:
Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.
Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, agás aqueles aspirantes convocados só para realizar a proba de agudeza visual, os cales deberán acudir á proba provistos soamente do DNI. O dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.
