Probas físicas e de agudeza visual ao persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais

Durante os días 18 e 19 de abril de 2017, a Consellería do Medio Rural ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes
das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón/oa condutor/a e peón/oa defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:

  • A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n, A Coruña.
  • Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense s/n, Lugo.
  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas; s/n, Ourense.
  • Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida Fernández Ladreda, nº 43, Pontevedra.

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

           Data              Letra apelido
18 de abril de 2017 A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K
19 de abril de 2017 L-M-N-Ñ-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z
  • Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.
  • Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, agás aqueles aspirantes convocados só para realizar a proba de agudeza visual, os cales deberán acudir á proba provistos soamente do DNI. O dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.