Alegacións da CSI-F á proposta de acordo sobre o recoñecemento da categoría de bombeiro forestal

Bomberos forestalesALEGACIONS DA CSI•F Á PROPOSTA DE ACORDO SOBRE O RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE BOMBEIRO FORESTAL

I. Proponse una redacción alternativa do Capítulo I. BOMBEIRO FORESTAL:

Primeiro. Modifícase o anexo de categorías do V Convenio colectivo do Persoal Laboral da Xunta de Galicia para a súa adaptación á categoría de Bombeiro Forestal do seguinte xeito:

a) – Se inclúen dentro do grupo profesional de Bombeiro Forestal as categorías que participan na prevención e na extinción directa de incendios forestais e recollidas no artigo 3.18 do Anexo do Convenio “Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia”.

DENOMINACIÓN DE ORIXE NOVA DENOMINACIÓN
Peón do SPDCIF Bombeiro Forestal do SPDCIF
Peón condutor do SPDCIF Bombeiro Forestal. Condutor de brigada do SPDCIF
Vixilante Móbil do SPDCIF Bombeiro Forestal. Vixilante Móbil do SPDCIF
Condutor de Motobomba do SPDCIF Bombeiro Forestal. Condutor Motobomba do SPDCIF
Xefe de Brigada do SPDCIF Bombeiro Forestal. Xefe de Brigada do SPDCIF

b) – Tamén se inclúen dentro do grupo profesional de Bombeiro Forestal as categorías que participan na prevención e na extinción directa de incendios forestais e non recollidas no artigo 3.18 do Anexo do Convenio “Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia”.

DENOMINACIÓN DE ORIXE NOVA DENOMINACIÓN
Peón de brigada helitransportada do SPDCIF Bombeiro Forestal. Brigada helitransportada do SPDCIF
Peón condutor de brigada helitransportada do SPDCIF Bombeiro Forestal. Condutor de brigada helitransportada do SPDCIF
Oficial de Defensa Contra Incendios Forestais Bombeiro Forestal. Oficial do SPDCIF
Xefe de Brigada de helitransportada do SPDCIF Bombeiro Forestal. Xefe de brigada helitransportada do SPDCIF
Técnico de Brigada de helitransportada do SPDCIF Bombeiro Forestal. Técnico de brigada helitransportada do SPDCIF
Técnico de apoio do SPDCIF Bombeiro Forestal. Técnico de apio do SPDCIF

c) – Asemade se inclúen no grupo profesional de Bombeiro Forestal as categorías que integran o área funcional de vixilancia e detección de incendios, comunicacións e xestión e tratamento de datos do SPDCIF, e non recollidas no artigo 3.18 do Anexo do Convenio “Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia”.

DENOMINACIÓN DE ORIXE NOVA DENOMINACIÓN
Vixilante Fixo do SPDCIF Bombeiro Forestal. Vixilante fixo do SPDCIF
Emisorista do SPDCIF Bombeiro Forestal. Emisorista do SPDCIF
Operador codificador de datos SPDCIF Bombeiro Forestal. Operador Codificador de datos SPDCIF

Segundo. A modificación da denominación das categorías non comportará modificacións das súas funcións actuais recollidas no Anexo do Convenio “Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia”. Dito cambio de denominación tampouco comportará modificación das súas retribucións nin reclasificación do grupo establecido no actual V Convenio Colectivo.

 

II. Proponse unha redacción alternativa do Capítulo II. SEGUNDA ACTIVIDADE

Conscientes, tanto a administración como as organizacións sindicais, dos riscos laborais deste colectivo que se acentúan coa maior idade dos seus integrantes e co fin de posibilitar o pase á segunda actividade acórdanse as bases da mesma:

Primeiro.-Segunda actividade.

A segunda actividade consistirá na realización de tarefas desligadas da extinción directa e a desenvolver no mesmo ámbito territorial en que viña desempeñando o seu posto o traballador que se acolla a ela.

A segunda actividade será en todo caso voluntaria.

Segundo.-Requisitos

Poderán pasar a segunda actividade os empregados que pertenzan a algunha das categorías relacionadas nos apartados a) e b) do punto primeiro do apartado anterior deste acordo sempre que non estén acollidos a xubilación parcial polas seguintes causas:

  1. Por petición propia unha vez cumpridos 60 anos de idade.
  2. Por ter sido declarado “apto con restricións”. Neste último caso volverase a actividade normal cando o traballador sexa declarado “apto”

Segundo.- Contratación de persoal laboral.

Se contratará persoal substituto para cubrir o posto de traballo que quede libre a causa do pase á segunda actividade dos titulares dos postos de traballo. Dita contratación realizarase a través das listas de contratación temporal da Xunta de Galicia.

O desenvolvemento do presente acordo no que respecta a segunda actividade se concretará e negociará coas organizacións sindicais no prazo máximo de 2 meses dende a súa sinatura.