Datas das probas físicas e de agudeza visual do SPDCIF

Durante os días 2, 3, 4 e 5 de xullo, a Consellería do Medio Rural ten previsto  realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, Bombeiro Forestal xefe de brigada, Bombeiro Forestal condutor de motobomba, Bombeiro Forestal condutor, e Bombeiro Forestal do SPDCIF (proba física) e a categoría de vixilante fixo  (proba de agudeza visual). Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:

  • A Coruña: Pavillón Polideportivo Monte Alto, rúa Alcalde Sanjurjo, s/n
  • Lugo: Pistas Deportivas Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras), rúa Filarmónica Lucense s/n
  • Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía, As Lagoas; s/n
  • Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa María Victoria Moreno, nº 43

A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico, agás aqueles aspirantes convocados só para realizar a proba de agudeza visual, os cales deberán acudir á proba provistos soamente do DNI. O dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.