Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas sobre a RPT de Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza

Achégase un breve resume da reunión do 19/06/2018 celebrada entre as OO.SS e os representantes da Vicepresidencia e C. Presidencia e AA.PP, no que se recolle o máis salientable  respecto da proposta de modificación da RPT deste departamento.

Os representantes da Administración informan de diversos cambios que non constan na memoria, que son:

Como unha primeira valoración, dende CSIF e con carácter xeral,  formulamos unha serie de achegas a esta proposta, sen prexuízo daquelas outras formulacións específicas que poidamos presentar ó longo deste proceso negociador.

En primeiro lugar, solicitamos un prazo de alegacións para que de tempo ós traballadores e traballadoras afectados a estudar e valorar esta proposta e poder trasladar achegas ós seus representantes e poder así formular alegacións específicas, de selo caso, a aquelas cuestións demandadas. A Administración comunica un prazo de alegacións ata o vindeiro 25-06-2018.

Polo que respecta á referida proposta, estrutúrase nos seguintes tres grandes bloques:

1.- Modificacións derivadas da aplicación dos criterios establecidos na Resolución da Consellería de Facenda de 25-02-2016 (provisión de postos por LD en virtudes de criterios de excepcionalidade):

Proponse a provisión de 48 postos de traballo mediante LD ó abeiro dos diferentes criterios de excepcionalidade. Neste senso,dende CSIF seguimos mantendo que todos os postos, con carácter xeral, sexan provistos por Concurso, xa que entendemos que non cabe unha interpretación xeral duns criterios acoutados e restritivos, e en todo caso, só nalgúns casos singularmente específicos, especiais e motivados, podería estar claramente  xustificada a excepcionalidade recollida nalgún dos referidos criterios.

2.-Modificacións motivadas pola modificación do Decreto de estrutura:

Nesta liña, dende CSIF entendemos que a referida carga de traballo ten unha afectación directa no incremento de funcións, tarefas e responsabilidades  froito do forte proceso de dixitalización consecuencia da implantación da Lei 39/2015 para o persoal dos rexistros (emisión certificados FNMT e Chave 365, trámites de sinatura electrónica, presentación electrónica de documentos, entre outros). Por tal motivo, solicitamos a revisión do complemento específico e  pluses, de selo caso, para o seu axuste retributivo a estas novas condicións. Do mesmo xeito, solicitamos que se cataloguen todas as prazas, tanto de persoal laboral como funcionario, como prazas con horario especial, de xeito que en todas elas se aplique o complemento específico ou plus correspondente.

3.-Outras modificacións incluídas na RPT (creacións, amortizacións e execución de sentenzas):

Salir de la versión móvil