Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Acordo para o réxime de prestacións de servizos, horarios, licencias, permisos, etc, dos Gardacostas. Postura da CSI-F

ACORDO PARA A APLICACIÓN DA ORDE DE 2 DE MAIO DE 2006 POLA QUE SE ESTABLECE O RÉXIME DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS, HORARIOS, VACACIÓNS, LICENZAS E PERMISOS E COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS PARA PERCIBIR POLO PERSOAL DO SERVIZO DE GARDACOSTAS DE GALICIA

Na xuntanza mantida o día 20 de setembro con responsables da Consellería de Mar e do Servizo de Gardacostas de Galicia, para a proposta e sinatura de acordos relativos á aplicación da Orde de 2 de maio de 2006, que regula o réxime de horarios do Servizo de Gardacostas de Galicia, a CSI•F optou por non asinar o acordo que se nos presenta, ante a total negativa da administración de modificar a literalidade do punto 3º. O dito apartado establece, literalmente o seguinte;

Cando sexa preciso por goce de vacacións, licenzas, permisos, baixas medicas ou circunstancias similares, se procedera ao reagrupamento de efectivos aínda que poda implicar cambios nas quendas previamente establecidas, mencionadas no punto 1 do artigo 7º desta Orden

A CSI•F solicitou no curso da xuntanza que se engada ao texto queunha vez rematada a circunstancias que motivaron o cambio o funcionario pasara o seu horario establecido con anterioridade, como garantía de que as modificacións de quendas se realicen cando realmente sexan necesarias e durante o tempo estritamente necesario e xerado pola circunstancia que sexa, a fin de evitar situacións de arbitrariedade.

A Administración negase a modificar ese punto, co tenor literal que sexa, o que pode motivar que o horario cambie a capricho da administración usando argucia legal de que un funcionario do grupo ou de outro grupo solicita “ licencias ou permisos». Serve por tanto de pretexto para poder realizar cambios cada semana deixando sen efecto o horario semestral establecido na Orde e creando indefensión no funcionario e non poder programar a súa vida particular.

Dado a cantidade de permisos e licencias pode influír na programación dos horarios, esiximos que se elimine esa posibilidade do texto do acordo, e ante a negativa por parte da administración, a nosa postura é a de non asinar o dito acordo.

Polo que CSI•F, estando conforme con resto das cláusulas do acordo, non dará a súa conformidade se non se modifica o apartado referido.

Exemplo dos casos que a administración pode usar para cambio de quendas aleatoriamente o seu antollo, é o seguinte cadro no que se recollen unicamente os posibles permisos e licenzas que poden dar lugar á modificación das quendas establecidas na programacións semestral:

PERMISOS

 LICENZAS

Salir de la versión móvil