
Temos que lembrar que Galicia foi en 2015 a terceira comunidade con máis vítimas mortais, o que fai necesario que, unha vez configurados os novos goberno en España e Galicia, se volva a pór no centro do debate e das prioridades políticas a loita contra esta secuela social.
Desde CSI-F facemos un chamamento aos empregados públicos para que se somen a esta campaña a través das redes sociais con hastahg #Compromiso25N, subindo fotos até o 25 deste mes, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co cartel ‘Ponte na túa pel’.
- O cartel se pode encontrar e descargar aquí.
- Coñece o noso manifesto 25N.
