Lanzamos a campaña ‘Ponte na súa pel’ para reclamar un pacto de estado e social contra a violencia de xénero

Cartel destacadoCentral Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) e a CEP (Confederación Española de Policía) lanzamos a campaña ‘Ponte na súa pel’ para visualizar e revitalizar o compromiso de loita contra a violencia de xénero mediante un pacto de estado e social renovado, de ámbito nacional pero tamén autonómico.

Temos que lembrar que Galicia foi en 2015 a terceira comunidade con máis vítimas mortais, o que fai necesario que, unha vez configurados os novos goberno en España e Galicia, se volva a pór no centro do debate e das prioridades políticas a loita contra esta secuela social.

Desde CSI-F facemos un chamamento aos empregados públicos para que se somen a esta campaña a través das redes sociais con hastahg #Compromiso25N, subindo fotos até o 25 deste mes, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, co cartel ‘Ponte na túa pel’.

cartelviolenciaxenero2016