Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Información do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente

Nova informativa sobre o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (30/01/018). Abordáronse os seguintes temas: 

1.-Apróbanse as actas das reunións do 1/2017 e as extraordinarias 1/2017 e 2/2017, quedando por aclarar un matiz sobre o diñeiro da roupa de traballo do persoal laboral.

2.-Entregan na xuntanza o borrador de estatutos en relación aos membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Queda pendente de aprobación.

3.-Revisión de protocolos de Vixilancia da saúde.

O responsable de prevención de riscos realiza unha pequena explicación onde advirte que  varios postos poden ser realizados por unha mesma categoría e di que atenderá as achegas que se lle trasladen neste sentido. Queda, pois, pendente das achegas.

4.- Presentan o documento sobre a ‘Programación de centros a avaliar para o ano 2018’ e a proposta de inspectores de Calidade Ambiental. Solicitáselle que comuniquen a programación á parte sindical con suficiente antelación para poder asistir as visitas.

5.- Comisión de traballo sobre pregos e prescrición técnicas dos vehículos para o servizo de Conservación da Natureza. Aportan un documento onde inclúen algunhas das achegas que dende a parte sindical foron remitidas aínda que non as referidas a rodas de inverno nas zonas de alta montaña, e valórase incluír cadeas de neve.

6.- Roupa de traballo do persoal de campo da dirección xeral de Patrimonio Natural.

A presidenta presenta un documento dunha asociación de traballadores. O documento non vai dirixido ao CSSL polo que é rexeitado salvo pola CSIF, que entende que calquera documento emanado dos traballadores, categoría ou escala, debe terse en consideración.

A CSIF manifesta a súa protesta e di que a dotación de roupa de traballo e urxente para todo o persoal. A conselleira confirma unha cantidade presupostada e establece o día 9 de febreiro para as achegas pertinentes.

7.-Proponse unha carpeta compartida para a consulta de documentación  por parte dos membros do comité e proponse designar o nome dos delegados correspondentes.

Rogos e preguntas

Salir de la versión móvil