Información do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente

Nova informativa sobre o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (30/01/018). Abordáronse os seguintes temas: 

1.-Apróbanse as actas das reunións do 1/2017 e as extraordinarias 1/2017 e 2/2017, quedando por aclarar un matiz sobre o diñeiro da roupa de traballo do persoal laboral.

2.-Entregan na xuntanza o borrador de estatutos en relación aos membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral. Queda pendente de aprobación.

3.-Revisión de protocolos de Vixilancia da saúde.

O responsable de prevención de riscos realiza unha pequena explicación onde advirte que  varios postos poden ser realizados por unha mesma categoría e di que atenderá as achegas que se lle trasladen neste sentido. Queda, pois, pendente das achegas.

4.- Presentan o documento sobre a ‘Programación de centros a avaliar para o ano 2018’ e a proposta de inspectores de Calidade Ambiental. Solicitáselle que comuniquen a programación á parte sindical con suficiente antelación para poder asistir as visitas.

5.- Comisión de traballo sobre pregos e prescrición técnicas dos vehículos para o servizo de Conservación da Natureza. Aportan un documento onde inclúen algunhas das achegas que dende a parte sindical foron remitidas aínda que non as referidas a rodas de inverno nas zonas de alta montaña, e valórase incluír cadeas de neve.

6.- Roupa de traballo do persoal de campo da dirección xeral de Patrimonio Natural.

A presidenta presenta un documento dunha asociación de traballadores. O documento non vai dirixido ao CSSL polo que é rexeitado salvo pola CSIF, que entende que calquera documento emanado dos traballadores, categoría ou escala, debe terse en consideración.

A CSIF manifesta a súa protesta e di que a dotación de roupa de traballo e urxente para todo o persoal. A conselleira confirma unha cantidade presupostada e establece o día 9 de febreiro para as achegas pertinentes.

7.-Proponse unha carpeta compartida para a consulta de documentación  por parte dos membros do comité e proponse designar o nome dos delegados correspondentes.

Rogos e preguntas

  • Emisoras Tetra: non hai data concreta pero confirman que aínda está en fase de tramitación.
  • Pregúntase á presidenta polas medidas correctoras dos plans de acción aprobados. Só fan mención as realizadas no parque do invernadoiro a instancias de requirimento de Inspección de traballo.
  • A CSIF preguntou pola orde dada por parte das xefaturas provinciais e trasladada a algúns traballadores do servizos de conservación a fin de semana dos días 14 e 15 de outubro de 2017. Avisados por medio de SMS e correo electrónico, moitos foron requiridos mesmo ao iniciar a quenda: “Que por motivos do alto risco de lumes quedamos todos a disposición do distrito forestal polo que podedes ser chamados durante o voso turno de traballo para colaborar en materia  de incendios forestais”. O delegado da CSIF manifestou que parte do persoal requirido carece de formación específica en incendios forestais e non se lle facilitou EPIS. Queixouse de que unha orde non pode ser tan ambigua e quedar á interpretación do receptor, máis cando non ten a quen recurrir na súa quenda.  Traballadores que se puxeron en contacto coa oficina de Distrito Forestal de Medio Rural confirman ao traballador que descoñecía esa información. A consellería manifestou que foi unha orde de cumprimento voluntario. E o traballador quen actuou foi de maneira voluntaria.