Constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

COMITÉ DE INTERVENCIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO.

Este venres 21 de abril procedeuse á constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, segundo o seguinte orde do día:

  1. Constitución do Comité de seguridade e saúde laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. “Designación do secretario”.
  2. Informe da avaliación de riscos laborais do operativo da vespa vetulina. Outros operativos do persoal dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
  3. Medios materiais do persoal ao servizo da Dirección Xeral de Patrimonio  Natural.
  4. Rogos e preguntas.

 

  1. Constitución do Comité de seguridade e saúde laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. “Designación do secretario”.

O Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, queda neste momento baixo o formato dun grupo de traballo á espera da correspondente resolución da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP. e xustiza, dado que non ten, neste momento respaldo legal para funcionar como comité de seguridade e saúde laboral.

A formación deste comité polo tanto, está fora de norma, porque disgregar o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da antiga Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, non é competencia da consellería.

Aínda así a importancia das tarefas que ten encomendadas fai preferible constituílo aínda como grupo de traballo.

A presidencia será desempeñada pola Vicesecretaria da Consellería de Medio Ambiente.

Polo que respecta á secretaría, dende a CSIF propuxemos que a secretaría sexa rotatoria en quendas de dous anos, e por acordo coas demais organizacións sindicais asume provisionalmente a secretaría a representante da CIG no comité.

En todo caso, recordámoslle á Administración que unha vez solucionado o respaldo legal referido, deberá aprobarse un regulamento de réxime interno que evite, entre outras cousas que se nos entregue a documentación obxecto de análise ou discusión no mesmo momento das xuntanzas, para que dende as organizacións sindicais tamén teñamos a posibilidade de revisala e preparar as sesión nunha cuestión tan importante como a seguridade e saúde laboral dos traballadores.

  1. Informe da avaliación de riscos laborais do operativo da vespa vetulina. Outros operativos do persoal dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Ao respecto do operativo da vespa vetulina, en concreto, do persoal designado para a retirada dos niños da vespa, dende a CSIF reiteramos ante o comité de seguridade e saúde laboral da Consellería de Medio Ambiente unha relación dos problemas e faltas que ten este operativo procedente das opinións profesionais dos propios traballadores designados para a realización das ditas tarefas. Destacamos os seguintes puntos:

  • En maio de 2016 unha serie de traballadores da consellería foron seleccionados para formar parte do operativo de retirada de niños da vespa vetulina, sen que se proporcionase aos mesmos ou aos seus representantes explicación algunha ao respecto dos criterios informadores de dita selección.
  • Toda a formación concreta recibida polos ditos traballadores consistiu na asistencia a unha serie de charlas breves, máis informativas que formativas.
  • Polo que respecta ás ferramentas e equipos de traballo, os traballadores reciben un biocida, co nome comercial de INSECTIBYS AVISPAS, cuxo uso está restrinxido para o seu uso con finalidade ambiental por “persoal especializado”, o que implica que o persoal teña a debida capacitación e formación , cousa que no sucede actualmente na consellería de Medio Ambiente. Temos que subliñar tamén que se trata dun produto altamente contaminante parra o medio natural, segundo indica a propia ficha técnico do produto.

Ademais dos riscos sinalados para quenes manipulan o dito produto e para os recursos naturais, tampouco se conta cun lugar de almacenamento do produto axeitado en relación coa súa toxicidade (pechado e debidamente sinalizado con acceso so as persoas autorizadas).

  • Polo que se refire aos equipos de protección, proporcionáronse epis de protección para a picadura de vespa no momento da intervención, pero non se lles facilitou formación concreta sobre as medidas preventivas a adoptar en materia de seguridade, hixiene e prevención de riscos laborais na actuación de retirada dos ditos niños.
  • En canto aos equipos encargados da actuación , existen equipos formados por dúas persoas en quendas de traballo diferentes, polo cal teñen que intervir sos ou coa colaboración de persoal non formado e carentes de epis.

Dado que se nos entrega neste mesmo momento a documentación relativa á avaliación de riscos laborais deste operativo, procederemos a una análise más pormenorizada para aportar novas alegacións. A presidenta do Comité entende que non ten que entregar a documentación anticipadamente xa que non se trata dun documento de traballo, e polo tanto, simplemente “se dá conta” da avaliación realizada. A nosa idea do funcionamento deste comité, dende logo, non é esta.

A Administración recoñece que faltan por entregar os kits de anafilaxia, a revisión dos botiquíns dos vehículos, así como a formación específica sobre a utilización do dito kit e o seu correcto mantemento.

Dende o Servizo de Prevención de riscos laborais se informa de que están traballando no deseño do plan de formación ao respecto do kit de anafilaxia, e unha vez ese deseño estea pechado, se facilitará tanto o deseño do kit coma o da formación que leva aparellada.

No que se refire ao protocolo de información preventiva e formación dos traballadores incluídos no operativo da influenza viaria, a Administración informa que dos análises efectuados despréndese que se trata dun brote pacífico, e polo tanto, non zoonótico. Esto implica unha rebaixa das medidas preventivas establecidas noutros brotes de influenza aviaria coa que non podemos estar de acordo, porque ninguén pode asegurar que non se produza unha mutación que cambie as características da cepa e poda transmitirse a seres humanos, afectando polo tanto, a saúde dos traballadores. As mascarillas que se proporcionan nos EPIs non teñen protección contra os riscos biolóxicos e mesmo na ficha que se presenta para a recollida das mostras, non se identifica á persoa que recolle o animal ou o traslada, e polo tanto, en caso de mutación ou necesidade de facer un seguimento non se tería ese dato de quen fixo o traslado.

Outra cuestión importante que se debate é o traslado dos animais recollidos, e se deben trasladarse no mesmo habitáculo no que se traslada o traballador ou de forma illada.

En Lugo: recoñece un área medioambienta do viral que hai importantes limitaciones en los vestuarios . Informa la xt de Lugo que efectivamente no tienen vestiarios para cambiarse e estase en fase de recibir orzamento para facelo. Centro do BERAL en Lugo.

  1. Medios materiais do persoal ao servizo da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Dende a CSIF facemos referencia neste punto á máis que deficiente entrega da roupa do traballo dos vixiantes de recursos naturais. A última entrega realizouse en torno ao mes de marzo de 2015, e o convenio colectivo recolle non so unha entrega completa da roupa de traballo bianual, senón tamén unha reposición anual que se está incumprindo.

O que máis nos sorprende neste punto é que a Vicesecretaria da Consellería de Medio Ambiente recoñece abertamente que non ten orzamento para entregar máis roupa de traballo, aínda que o convenio a obrigue a elo, xa que unha gran parte do orzamento do Capítulo II dedicouse a pagar a formación dos axentes medioambientais para a súa integración no grupo B.

Entendemos que a consellería ten que cumprir cos seus compromisos, pero non pode, de ningún xeito tratar de forma desigual aos diferentes grupos e escalas de persoal baixo a súa responsabilidade.

A presidenta do comité informa que, sendo realista, centraranse en dedicar o orzamento ás seguintes materias:

  • Parque móbil: unhas 2/3 partes do total de vehículos cos que conta o parque móbil actual foron, no seu momento, adquiridos en propiedade, e teñen xa cantidade de anos importantes. Estudiaron o parque móbil e fixeron un informe para ver que renovacións poderían acometer, e renovarase 1/3 deste parque móbil en propiedade. Antes de adquirilos reuniranse coas oo.ss. para intentar chegar a un acordo ao respecto dos vehículos más axeitados e as súas carácteríticas.
  • Comunicación: como consecuencia do apagón analóxico deben renovarse todos os equipos de comunicación, que estarán comectados á rede de emerxencias de Galicia a través de RETEGAL. Xa contan co orzamento para esta renovación.

En todo caso, lévase un retraso considerable na renovación dos equipos.

Plantexase tamén o tema da apertura dos teléfonos cos que actualmente contan os axentes, de xeito que non teñan limitacións á hora de chamar ás diferentes zonas e mesmo   fora de elas ou aos interesados nalgunha actuación oficial.

  1. Rogos e preguntas:
    • Traslados de animais: hai animais grandes para cuxo traslado é necesario algún tipo de material de apoio, e faise necesario que en todos os traslados se conte cun trasportín, xa que é máis seguro para o caso de traslado de animais vivos.
    • Formación: están por pechar diferentes cursos que se impartirán pola AGASP.
    • Seguridade: en materia de seguridade recórdase que dentro das medidas de prevención de riscos laborais inclúese que se proporcione protección solar para todos os traballadores que realizan traballos no exterior. Tamén serían necesaria unhas gafas de protección solar.
    • Fíxase unha xuntanza extraordinaria para a semana do 29 ao 31 de maio no que se tratará da renovación dos vehículos así como de unha primeira proposta das características dos mesmos, revisaranse os protocolos da vespa velutina e da influenza aviaria, así como avaliacións de riscos pendentes e algunhas cuestións en materia de comunicacións.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017