Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Modificacións das ordes de flexibilidade laboral por conciliación e proceso de funcionarización do persoal laboral fixo

Vimos de ser convocados por Función Pública a unha xuntanza o próximo venres día 3 ás 12.00 H sobre a orde da Consellería de Facenda pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013  no relativo á flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar. A orde do día tamén inclúe o proxecto de orde polo que se establece o procedemento para adquirir a condición de persoal  funcionario de carreira polo persoal laboral fixo.

ORDE DO DÍA 

  1. Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar de acordo co establecido na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia. Orde de conciliación
  2. Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Proxecto orde modificación 2023 anexo decreto 165 

Salir de la versión móvil