Vimos de ser convocados por Función Pública a unha xuntanza o próximo venres día 3 ás 12.00 H sobre a orde da Consellería de Facenda pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013 no relativo á flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar. A orde do día tamén inclúe o proxecto de orde polo que se establece o procedemento para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo.
ORDE DO DÍA
- Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar de acordo co establecido na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia. Orde de conciliación
- Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia. Proxecto orde modificación 2023 anexo decreto 165