Convocatoria17F_Mesa Xeral de Empregados Públicos Extraordinaria

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza extraordinaria da Mesa Xeral de Empregados Públicos para mañá venres 17 ás 12.00 sobre as RPTs da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como da Consellería de Sanidade. A orde do día inclúe tamén o Proxecto de Orde polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio Colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Orde do día

  1. Modificación da RPT da Vicepresidencia 1ª e Consellería de Economía, Industria e InnovaciónConsultar documentación   +  Informe complem. DX-FP RPT VP 1ª (20.02.2023)
  2. Modificación da RPT da Consellería de Sanidade / Consultar  documentación +  DX-SimpAdm MOD RTP Sanidade (17.02.2023) +  DX-P.Orzam MOD RPT Sanidade (15.02.2023)

 

3.Proxecto de Orde pola que se modifica o Anexo do Decreto 165/2019 do 26 de decembro polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio Colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia /  Consultar documentación 

*Dende Función Pública remiten, tras a reunión da Mesa Xeral, a seguinte documentación actualizada e abren un prazo de alegacións ata o venres 24 ás 14.00 H

Memoria xustificativa

Proxecto orde modificación 2023 anexo decreto 165

COMISIÓN DE PERSOAL

A Comisión de Persoal para a votación dos puntos 1 e 2 abordados na Mesa  celebrarase o mércores 22.