Convocatoria Mesa Xeral: RPT da Consellería de Política Social, procesos selectivos promoción interna, orde de flexibilidade laboral por conciliación

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza de Mesa Xeral para o próximo martes 19 para abordar os seguintes puntos da orde do día.

Orde do día

Punto primeiro.• Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Política Social e Xuventude ⇔  Memo Func MOD RPT C-PSX 

Punto segundo: Proposta de Resolución pola que se convoca os procesos selectivos para o ingreso, pola quenda de promoción interna horizontal

  1. Corpo superior da Administración xeral e corpo facultativo superior de Administración especial da Comundade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 ⇔ Resolución convocatoria PI horizontal-A1
  2. Corpo de xestión da Administración xeral e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 ⇔ Resolución convocatoria PI horizontal-A2
  3. Corpo administrativo da Administración xeral e corpo de técnicos facultativo da Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1 ⇔ Resolución convocatoria PI horizontal-C1
  4. Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ⇔ Resolución convocatoria PI horizontal-Agrupación Profesional

Punto terceiro• Orde de novembro,……… , da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar ⇔ Orde de conciliación