Convocada xuntanza previa á Mesa Xeral de Empregados Públicos

Vimos de ser convocados a unha xuntanza previa á Mesa Xeral de Empregados Públicos o próximo xoves 16, ás 10.30 H. para abordar diferentes RPTs máis o proxecto de orde sobre o desfrute da bolsa de horas de libre disposición por motivos de conciliación familiar.

*A Mesa Xeral celebrarase coa mesma orde do día o venres 17 a partir das 10.00 H.

Orde do día: 

PUNTO PRIMEIRO: Modificación da Relación de Postos de Traballo referente ao proceso de funcionarización de postos de traballo de persoal laboral da Xunta de Galicia correspondente ao corpo de Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e cociña e recursos naturais e forestais (especialidade de persoal de limpeza e cociña).

Documentación:

Funcionarización_limpeza_e_cociña

 Estudo cambio nivel

PUNTO SEGUNDO:  Modificación da Relación de Postos da consellería do Mar

Documentación:

 MOD RPT Consellería do Mar

Memoria economica 

Proposta Sección Progr Ensino

Proposta acordo persoal biólogo 

 

PUNTO TERCEIRO:  Modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Política Social e Xuventude consistente na transformación dunha praza de laboral en funcionario. 

Documentación ⇔ RPT_POLITICA_SOCIAL_e_XUVENTUDE

PUNTO CUARTO: Proxecto de Orde, da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, así como a Resolución conxunta do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa e da Dirección Xeral da Función Pública, no relativo a flexibilidade horaria por motivos de conciliación familiar de acordo co establecido na Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico da Galicia ou desfrute da bolsa de horas de libre disposición por motivos de conciliación familiar

Documentación ⇔ CONCIALIACION_FAMILIAR