Por que unirse a nós?

Captura de pantalla 2016-03-09 a las 14.40.22

10 RAZÓNS PARA AFILIARTE A CSIF

  1. CSIF somos o futuro do sindicalismo pola nosa defensa dun sindicalismo, profesional, honesto, independente e, sobre todo, útil para os traballadores e traballadoras.
  2. En CSIF cabemos todos, por encima de cores políticas.
  3. CSIF somos a túa alternativa, outra maneira de facer sindicalismo, desde a negociación, a seriedade e a seguridade que nos dá a nosa independencia.
  4. CSIF somos un sindicato transparente. Publicamos na web as nosas contas auditadas externamente.
  5. En CSIF aplicamos un código ético onde non teñen cabida nin os imputados, nin os liberados ociosos nin os cargos políticos.
  6. En CSIF defendemos a rexeneración democrática dos sindicatos. Fronte ao «bipartidismo» actual, apostamos polos cambios que permitan unha maior pluralidade sindical.
  7. En CSIF cremos na igualdade e combatemos a brecha salarial entre mulleres e homes, os comportamentos sexistas, homófobos, o acoso laboral e sexual e as discriminacións de todo tipo.
  8. En CSIF somos o sindicato mellor informado en ofertas de emprego público.
  9. Polos beneficios. Na declaración da renda podes deducir a cota sindical, representando un aforro de entre o 20% e o 35% da mesma. Tamén ofrecemos descontos en seguros, lecer, e ofertas en formación, viaxes, etc.
  10. En CSI F somos o sindicato de referencia no sector público: logramos as primeiras sentenzas contra a retirada da paga extra e conseguimos que o Goberno empezase a devolver recortes (moscosos, oferta de emprego público, descongelación salarial). E xa estamos a negociar para eliminar os descontos por baixa médica, mellorar os salarios, 35 horas semanais…

Contamos contigo para facer o sindicalismo do século XXI. Porque en CSIF contamos todos.

Porque somos independentes, só dependemos de ti.