Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Curso da EGAP para os procesos de promoción interna do persoal funcionario dos Corpos Xerais da Administración Xeral

EGAP ven de comunicar que o vindeiro 23 de novembro será publicado no DOG a convocatoria de cursos on line para a preparación dos procesos de Promoción Interna dos corpos xerais para o acceso aos subgrupos C2, C1, A2 e A1.

Os cursos, que comezarán o vindeiro mes de decembro, terán una titorización durante tres meses.

O programa e contidos dos cursos estarán dispoñibles permanentemente na plataforma EGAP ata a realización dos procesos selectivos.

Poderanse inscribir nas accións formativas os funcionarios admitidos aos procesos selectivos de promoción interna.

O prazo de inscrición nos cursos será de 7 días naturais dende a publicación da convocatoria.

CSIF congratúlase da posta en marcha desta iniciativa por parte da EGAP xa que é unha reclamación histórica desta organización que consiste en facilitar aos funcionarios a preparación dos procesos de promoción interna.

Preme aquí para consultar a convocatoria no DOG

Salir de la versión móvil