Promoción interna de corpos xerais e outros procesos de acceso libre

As convocatorias de promoción interna de corpos xerais publicaranse este mércores. A Dirección Xeral da Función Pública trasladounos información sobre estes e outros procesos nas últimas xuntanzas que mantivemos.

Promoción interna de corpos xerais (C2, C1, A2 e A1)

Logo de casi catro anos, función pública tráenos unha nova convocatoria que vén prácticamente sen cambios con respecto á última.

Publicarase este mércores e inclúe as prazas das ofertas de 2020 e 2021. Serán 130 prazas para C2, 240 para C1, 185 para A2 e 30 para A1. Non houbo maneira de que  convocasen as de 2022. Aseguran que as acumularán ás de 2023 para a próxima. ¿Teremos que esperar outros catro anos?

Dende a CSIF vimos reclamando dende hai tempo un novo modelo que garanta de xeito efectivo o dereito á promoción interna do persoal funcionario. O que temos, sencillamente, non funciona. E así o recoñece Función Pública, pero non arrancamos deles ningún compromiso. Se cadra para a próxima lexislatura, asegura o director…Nós seguiremos empuxando.

En definitiva, o texto destas convocatorias saiu adiante co voto en contra de tódalas organizacións sindicais.

Procesos de acceso libre

Este martes publicaranse 9 convocatorias de acceso libre (algunhas inclúen tamén prazas de promoción interna):

AP Limpeza e cociña: 117 prazas

AP Recursos naturais e forestais: 42 prazas

C2 Arquivos e bibliotecas: 15 prazas (4 delas de promoción interna)

C2 Recursos naturais e forestais, esp. oficial: 16 prazas (4 delas de promoción interna)

C1 Análise de laboratorio: 12 prazas (3 delas de promoción interna)

C1 Mantemento de servizos: 17 prazas (5 delas de promoción interna)

C1 Recursos naturais e forestais, esp. capataz: 7 prazas (2 delas de promoción interna)

B Axentes ambientais: 96 prazas (24 delas de promoción interna)

B Delineantes: 9 prazas (3 delas de promoción interna)

Procesos selectivos para persoas con discapacidade intelectual

Esta semana teremos tamén a convocatoria de dous procesos para persoas con discapacidade intelectual:

AP Limpeza e cociña: 31 prazas

C2 Persoal de servizos xerais: 4 prazas

Eleccións de destino

Aseguran dende Función Pública que nos próximos días convocarán a elección de destino de A1 e A2 de finanzas. Tamén as de enxeñería agronómica, enxeñería de montes, enxeñería técnica agrícola e enxeñería técnica forestal, tanto libre como estabilización.

Nota importante:

CSIF non se fai responsable da veracidade da información facilitada polo director xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a dita información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.