EGAP ven de comunicar que o vindeiro 23 de novembro será publicado no DOG a convocatoria de cursos on line para a preparación dos procesos de Promoción Interna dos corpos xerais para o acceso aos subgrupos C2, C1, A2 e A1.
Os cursos, que comezarán o vindeiro mes de decembro, terán una titorización durante tres meses.
O programa e contidos dos cursos estarán dispoñibles permanentemente na plataforma EGAP ata a realización dos procesos selectivos.
Poderanse inscribir nas accións formativas os funcionarios admitidos aos procesos selectivos de promoción interna.
O prazo de inscrición nos cursos será de 7 días naturais dende a publicación da convocatoria.
CSIF congratúlase da posta en marcha desta iniciativa por parte da EGAP xa que é unha reclamación histórica desta organización que consiste en facilitar aos funcionarios a preparación dos procesos de promoción interna.