Novas de Función Pública: Concurso de traslados de funcionarios, procesos selectivos e outras

Novas de Función Pública facilitadas polo Director Xeral de Función Pública, relativas a Concursos de Traslados, Procesos selectivos e outras novas.

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas.

1.- Concurso de traslados de persoal funcionario:

  • Administración Xeral: Publicarase na última semana do mes de novembro.
  • Administración Especial: Empezarán a traballar neles unha vez publicado o concurso de Administración Xeral, empezando pola escala de veterinarios

2.- Procesos selectivos:

  • Os procesos selectivos que xa están en curso, tanto de acceso de libre como de promoción interna, rematarán no primeiro trimestre do ano 2020. Elo sen prexuízo de que, nalgún caso, se publique con anterioridade a proposta de aspirantes que superaron o proceso.
  • Promoción interna: Retiran das convocatorias dos procesos de acceso libre y estabilización dos corpos xerais que se levarán á Mesa Xeral Extraordinaria do día 21 de novembro de 2019 as prazas de promoción interna que estaban incluídas nos primeiros borradores. En próximas semanas remitirán os borradores de procesos de promoción interna que serán ofertados en convocatoria independentes.
  • Procesos selectivos de persoal subalterno e ordenanza: O exercicios terán lugar dentro de tres ou catro meses. Iso debido ao número de solicitudes presentadas, máis de 16.000.
  • Procesos selectivos de auxiliar de clínica: Mesmo retraso que os anteriores.

3.- Decreto de Listas 37/2006:

Modificarase a entrada en vigor dos artigo 14 e 15 do Decreto 37/2006, segundo a redacción dada polo Decreto 60/2019, ao non estar operativas as modificacións técnicas necesarias. A entrada en vigor destes artigos será o 1 de xuño de 2020.

3.- Persoal contratado para programas de orientación de emprego: Manteranse os traballadores contratados e se procederá a contratar 11 mais.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo Director Xeral de Función Pública. Nin moito menos do cumprimento dos prazos e cronogramas facilitados.

Únicamente facemos de correa de transmisión aos empregados públicos declinando calquera tipo de responsabilidade.