Novas sobre funcionarización, promoción interna e outros procesos abertos na función pública

Novas de Función Pública facilitadas polo director xeral o 14 de febreiro de 2020.

PROMOCIÓN INTERNA.

Publicaranse de maneira inmediata as calificacións dos procesos selectivos pendentes do subgrupo C1 e o subgrupo A2.

PROCESOS SELECTIVOS DE ACCESO LIBRE E ESTABILIZACIÓN.

Publicaranse ao longo da semana do día 17 ao 21 os listados de admitidos provisionais nos corpos xerais e de agrupación profesional.

A previsión de exames para estes subgrupos prevese a partir do 25 de abril.

PROCESOS SELECTIVOS DERIVADOS DA OPE “SOCIAL”.

Listaxe de admitidos provisionais a partir de marzo e previsión de exames en xuño ou xulio.

PROCESOS SELECTIVOS DE FUNCIONARIZACIÓN.

Hoxe, luns 17, publícanse as ordes da convocatoria. A previsión de exames é para o mes de maio.

ELECCIÓNS DE DESTINO PENDENTES.

Retrasaranse ata o mes de abril.

PROCESO SELECTIVO DE ESTATÍSTICOS.

Non hai previsión. Comunícannos que o mirarán e comunicarán algo na vindeira reunión.

CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS.

Nestes momentos atópanse traballando no volcado de prazas que poderán sumarse ás existentes procedentes das solicitudes presentadas.