Na última xuntanza da Comisión de Persoal votamos sobre os últimos procesos selectivos que trouxeron á mesa. Na Mesa de Funcionarios discutimos sobre os procesos de promoción interna separada e Función Pública achegounos algunha información de interese sobre outros asuntos.
Procesos selectivos
Veterinaria, bioloxía, finanzas (A1 e A2), medicina, enfermaría e educador social, subinspección urbanística, educación infantil, persoal de servizos xerais, xerocultor/a, auxiliar de laboratorio e persoal subalterno (este último para persoas con discapacidade intelectual):
Votamos en contra das bases que nos presentaron para estes procesos. Practicamente, non tiveron en conta ningunha das alegacións feitas pola CSIF, especialmente no que atinxe ao sistema de acceso, desenvolvemento dos exercicios, prazos e temarios.
Informática (A1 e A2), finanzas, inspección de consumo, enxeñería agronómica, industrial, minas, montes, técnica agrícola, técnica de obras e técnica forestal:
Estamos a negociar estes procesos de promoción interna separada, e moito nos tememos que o resultado vai a ser o mesmo. Non parece que vaia a haber avances con respecto a convocatorias anteriores.
Outros procesos. Concursos e elección de destino.
Tal e como adiantamos a semana pasada, este mércores publicarase no DOG o procedemento para acreditar os méritos dos procesos selectivos por concurso dos subgrupos A1 e A2 da Lei 20/2021. Abrirase un prazo de 10 días hábiles para acreditar aqueles méritos que non consten xa no FIDES. Hoxe nos achegaron os borradores:
Resolucion acreditacion meritos A1 DXFP
Resolucion acreditacion meritos A2 DXFP
Aseguran que, nunha ou dúas semanas, iranse publicando para o resto dos grupos.
Asegura Función Pública que nestes días remitirán as prazas e publicarán a elección de destino para enxeñería agronómica e técnica agrícola. A continuación virán enxeñería de montes e técnico forestal. A orde para a elección será a seguinte: Elixirá en primeiro lugar o grupo A1 e a continuación o A2. Dentro destes grupos, elixirán por orde en función da antigüidade da oferta. Se fosen do mesmo ano, elixirán primeiro os procesos de estabilización e a continuación os de libre. Neste caso, tódalas persoas que superen a promoción interna quedarán no mesmo posto.
Tamén nos informan de que nos próximos días nos remitirán as prazas para elección de destino de gardacostas.
