A comisión de seguimento do “Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal
funcionario do SPIF”, composta por dous membros de cada organización asinante e igual
número de membros por parte da Administración, alcanzou hoxe un consenso unánime
respecto á concreción das bandas horarias e rotacións resultantes da aplicación do acordo asinado.
Neste senso, dende CCOO, CSIF e UGT valoramos moi positivamente o resultado acadado, xa que o longo das sucesivas reunións, e recoñecendo as diferentes funcións, necesidades
horarias e número de efectivos dispoñibles, as nosas propostas baseáronse na consecución
dunhas carteleiras homoxéneas e equilibradas que deran como resultado un número similar de horas nocturnas totais en cómputo anual para o conxunto de especialidades do SPIF.
Deste xeito, todas as especialidades de persoal funcionario do SPIF (B.F. Xefes de Brigada,
Bombeiros Forestais, Emisoristas/ Vixiantes e B.F. Condutores de Motobomba) estarán no
entorno dás 600 horas nocturnas anuais, alcanzando por primeira vez unha homoxeneización real da nocturnidade nas catro provincias e nos 19 Distritos Forestais, o que sempre foi una reivindicación histórica no servizo.
Asemade, ás bandas horarias e rotacións pactadas no día de hoxe dan cumprimento aos eixesfundamentais do acordo no relativo ás xornadas de traballo:
• 7 dias de traballo cada dúas semanas. Secuencia 3-4 (M-J-V/L-X-S-D)
• Xornadas de 10 horas sen prolongacións (salvo incendios nivel 2: máximo dúas horas
pagadas)
• Aplicación da xornada semanal de 35 horas en cómputo anual.
• Xornada máxima anual de 1550 horas fronte ás 1665 actuais.
• Máximo 155 días de traballo anuais fronte os cerca de 200 actuais (45 menos ao ano).
• Libranza de fins de semana alternos todo o ano e descanso dun mínimo da metade dos
festivos anuais.
A continuación reproducimos a concreción de bandas horarias e rotacións consensuadas no día de hoxe no seo da comisión de seguimento , tal e como establece o artigo 13 do “Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIF”.
Os novos horarios entrarán en vigor o día 1 de maio, data na que empezará a ser efectivo o
pago por tódolos domingos e festivos traballados.
O día 22 de abril, a Dirección Xeral remitirá ás OOSS os cuadrantes anuais de todo o dispositivo, para a súa revisión antes da súa entrada en vigor o 1 de maio, nunha xuntanza da Comisión de seguimento a celebrar o vindeiro día 25 de abril.
Brigadas helitransportadas: a Administración mantén a súa proposta inicial e non acepta a
proposta feita dende CSIF, UGT e CCOO. En todo caso, os empregados públicos disporán do
dereito a 27 dias laborables de vacacións con independencia dá época do ano na que se
desfruten, así como, do mesmo xeito que o resto do dispositivo o dereito ao desfrute de
vacacións, asuntos propios, permisos e licenzas en días completos de traballo.
Por último, dende UGT, CCOO e CSIF reclamamos que trala posta en marcha do “Acordo…”, e en aplicación da súa Disposición Adicional Única, se inicien ás negociacións para a extensión dos dereitos recoñecidos no novo acordo ao persoal fixo descontinuo do SPIF.

