Nuria Aguilar afirmou ante os sindicatos que o calendario de exames aprobado polo Consello da Xunta, anunciado ante os medios de comunicación polo Presidente galego e publicado na web de Función Pública «non lle consta»…
No Consello da Xunta celebrado o 28 de decembro de 2023, a escasos dous meses da celebración das eleccións autonómicas, o Consello da Xunta daba luz verde á publicación do calendario de exames para 22 procesos selectivos que afectaban a máis de 1.147 prazas, das que 585 estaban reservadas a promoción interna despois de que o Conselleiro de Facenda (o xefe directo de Nuria Aguilar) presentase ante o Consello o informe sobre procesos selectivos.
E todo elo co obxectivo, segundo informaba Alfonso Rueda ante os medio de comunicación nunha extraordinaria mostra de empatía preelectoral, de «ofrecer a maior información posible para que as persoas aspirantes poidan planificar con antelación a preparación das probas. «
Pasadas as eleccións, esa necesidade xa non lles preocupa.
Nas convocatorias de promoción interna fixábase o primeiro exercicio para non antes dos seguintes 6 meses. Días despois e mediante este anuncio, a data trasladouse a máis de 12 meses logo da convocatoria. Ben o puideron aclarar nas bases. Agora retiraron ese calendario da súa web e, a día de hoxe, xa non hai previsión. Non nos dan nin unha pista do que teñen pensado. E algo terán pensado cando retiran o calendario.
Pouco nos durou o dereito a organizarnos…
Cando se negociaron as bases daestes procesos de promoción interna, o entonces director xeral de Función Pública decidiu non incluír centos de prazas correspondentes á OPE de 2023, que xa estaba aprobada. A convocatoria, tal e como estaba, pareceulle bastante xenerosa (xenerosa? Grazas, director!) Segundo argumentou, os procesos a partir de entón serían moito máis áxiles e pronto serían convocadas esas prazas. Pero a realidade é que nada cambiou con respecto ao que se viña facendo. Por algún “misterioso” motivo, dende a Administración dosifican sen xustificación a convocatoria das prazas xa aprobadas. E agora isto. Non sexa que os funcionarios se acostumbren a que se respete minimamente o seu dereito á promoción profesional.
Onde quedou esa axilidade? Onde quedou a preocupación polos opositores? Pasaron máis de 6 meses dende a convocatoria e aínda non hai nin lista de persoas admitidas. O calendario retirado prevía o primeiro exercicio para decembro. E agora, saberán eles para cando…
Emprego público retira sen explicacións o calendario coas datas dos procesos selectivos que anunciara antes das eleccións, no seu enésimo desprezo polos dereitos do seu persoal funcionario de carreira.
Na última xuntanza coa Dirección Xeral de Emprego Público preguntamos polo asunto. A única resposta da nova directora foi que non lle constaba que tal calendario estivese nunca colgado na web de Función Pública. Como si a cousa non fose con eles…Insistimos en que non nos interesa onde estaba colgado o calendario, que o que queremos coñecer son as súas intencións. A directora deu a calada por resposta.
Pero é que aínda que á Directora non lle conste a publicación na web institucional todavía pode consultalo na web do Presidente da Xunta, na sección de Consello de Goberno, de onde difícilmente poderá facelo desaperecer.
Polo visto, a Dirección Xeral é nova, pero as costumbres son vellas. Esperamos moito máis de vostede, directora. Ten a oportunidade de cambiar a inercia que arrastramos dende hai tantos anos, pero, de momento, a vida segue igual. Ata cando? Está na súa man.
