Nota Informativa da Mesa Xeral e Mesa Sectorial do 14 de febreiro

Poñemos ao voso dispor un resume informativo das xuntanzas de Mesa Xeral e Mesa Sectorial celebradas o pasado venres 14 de febreiro.

1.- Mesa Xeral de empregados Públicos celebrada o venres pasado tiña como único punto a “Proposta de modificación da RPT do Organismo Autónomo Instituto de Estudos do Territorio (IET)”

O que se plantexou dende a Dirección Xeral de Emprego Público foi a Creación de varios postos, xa tratados na reunión previa mantida entre o Instituto e as Organizacións Sindicais no mes de Outubro:

  • 1 Xefatura Servizo de Valores Paisaxísticos: Segundo informan necesaria polo volume de traballo e os novos programas do IET.
  • 1 Xefatura de Sección de Produción Cartográfica: Que supón un reforzo da estrutura e para a que se solicitou por parte dos sindicatos, a inclusión de uns códigos de posto que non aparecían na proposta, correspondentes a códigos de persoal da Sección e que foi atendida polo Organismo.
  • 1 Xefatura de Sección de Estudos: Marcada polo incremento do volume de traballo desta sección, para a que se solicitaron a inclusión de tódolos códigos de posto do persoal da Sección, o que tamén foi atendido
  • Propoñíase, por último, unha modificación na Xefatura de Servizo do Departamento Xurídico para o que dende as Centrais Sindicais solicitamos que mudase a titulación de Grao en Dereito de Requisito a Mérito, atendendo tamén esta petición por parte do Instituto.

Para levar a cabo esta modificación propoñíase a amortización de 6 postos en situación de vacantes ou sen dotación presupostaría.

Agora ben, na documentación que nos facilitou Emprego Público, concretamente no “Informe sobre a Proposta”, súmase ao anterior, tal como se indica no documento, “Sen negociación Sindical” alegando o “Carácter de necesidade Urxente”, a creación de 5 Postos Base do grupo C1 de Escala Técnica Especialistas en Produción Cartográfica, e a AMORTIZACIÓN de outros tantos de Técnico Especialista en Informática, niveles III-91 ocupados por Persoal Laboral Indefinido non Fixo afectado polo Proceso de estabilización derivado da Lei 20/21.

Non podemos estar de acordo coa Asignación de nivel 14 á Escala Técnica Especialistas en Produción Cartográfica, xa que a equiparación de está prazas estase a facer coa de Técnico Especialista en Informática. Si miramos na RPT da AMTEGA, onde se atopan uns cuantos destes técnicos, vemos que case a totalidade dos postos catalogados como Operadores de Ordenador do mesmo subgrupo C1 teñen Nivel 18, e neste caso non falamos de Operadores senón de “Especialistas”. Entendemos pois que debe incrementarse o nivel deses 5 postos de Técnico Especialista en Reprodución Cartográfica equiparándoos, como mínimo, con Nivel 18 do Grupo C1. Máxime cando das amortización resulta un Remanente Financeiro de mais de 24.000€.

A resposta da Directora con respecto á asignación do Nivel, foi que que ven derivado da equiparación co Nivel salarial do proceso de funcionarización para as prazas de C1 III-91.

2.*- Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos tiña tamén un único Punto na Orde do día que era a “Proposta de modificación da RPT  da Consellería de Vivenda e Planificación de estruturas”

Os cambios plantexados responden á adaptación da Consellería ao Decreto 49/2024 polo que se fixa a Estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, polo que non temos mais obxeccións que a apertura de determinados postos a persoal de Administración Local.