Próxima publicación no DOG das resolucións de admitidos no Concurso de Traslados de Consumo

Función Pública  vén de comunicarnos que o vindeiro día 16 de abril , mércores, van publicarse do Diario Oficial de Galicia as seguintes resolucións:

  1. Resolución do 14 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.
  2. Resolución do 14 de abril de 2025 da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.