Vimos de ser informados de que o vindeiro día 2 de maio publicarase no DOG a Resolución pola que se convoca o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e de axentes de extensión pesqueira.
O prazo para a presentación de solicitudes de participación rematará o día 16 de maio de 2025.
