PROBAS DE AVALIACIÓN
Teñen a finalidade de acreditar a competencia nas materias convocadas mediante un exame e acadar un certificado de equivalencia.
Matrícula: desde as 9 horas do 3 de xuño de 2025 ata as 14 horas do 12 de xuño de 2025
Número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar limítase a catro.
ACCESO AOS CONTIDOS
O acceso aos contidos poderá solicitarse, a través da área de matrícula, dende o 13 de xuño ata o 30 de decembro de 2025. Cada persoa determinará libremente o número de contidos nos que se queira inscribir e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. O acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación nin dá dereito á expedición dun diploma
>> Matrícula nas probas de avaliación e no acceso ós contidos: https://egap.xunta.gal/matricula/
>> Anuncio da resolución da convocatoria no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250602/AnuncioO150-230525-0001_gl.html
