Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa sectorial de funcionarios públicos para o próximo día 6 para abordar os seguintes asuntos: Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das lllas Atlánticas de Galicia; proposta de acordo da RPT da Consellería de Medio Ambiente e convocatoria de concurso ordinario para a provisión de distintos postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
ORDE DO DÍA
- Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das lllas Atlánticas de Galicia ⇔ DOCUMENTACIÓN
- Proposta de Acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ⇔ DOCUMENTACION
- Proposta de Resolución, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social; de educador/a infantil; de terapia ocupacional; no corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos; especialidade educación infantil; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ⇔ DOCUMENTACION
*Documentación complementaria >> Info.Comp. DX-SAP MOD. RPT C-MACC (03.06.2025)
