Comisión de Persoal: Parque Illas Atlánticas, RPT Consellería de Medio Ambiente e convocatoria concurso ordinario distintos corpos e escalas

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da Comisión de Persoal para o próximo xoves día 12 para abordar os seguintes asuntos debatidos en mesa previa: Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das lllas Atlánticas de Galicia; proposta de acordo da RPT da Consellería de Medio Ambiente e convocatoria de concurso ordinario para a provisión de distintos postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE DO DÍA E DOCUMENTACIÓN

  • Proposta de Acordo para o persoal adscrito ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das lllas Atlánticas de Galicia ⇔ ACORDO ILLAS FUNCIONARIOS definitivo con transitoria
  • Proposta de Acordo polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ⇔ MODIFICACION_RPT_MACC
  • Proposta de Resolución, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia do corpo facultativo/a superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; no corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría; de fisioterapia; de traballo social; de educador/a social; de educador/a infantil; de terapia ocupacional; no corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos facultativos; especialidade educación infantil; no corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e no corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ⇔ CONCURSOS