O pasado 11 de xuño de 2025 celebrouse a primeira reunión de negociación sobre a proposta de modificación de postos de traballo presentada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que defende que esta reestruturación da RPT ten como obxectivo mellorar a organización e funcionamento do SPEG, reforzando a profesionalidade e estabilidade do persoal e implantando un modelo único de oficinas de emprego. A CSIF, que leva anos reclamando melloras para o persoal destas oficinas, valorou que a Consellería recoñecera esta necesidade, pero manifestou a súa oposición á fórmula escollida: a retirada de preto de 200 postos do actual concurso de traslados.
Fronte a isto, a proposta da CSIF foi clara: retirar eses postos, proceder á súa modificación e volver incluílos no concurso, o que tería evitado boa parte dos problemas actuais e motivou a presentación das seguintes ALEGACIÓNS ⇔ Alegaciones EMPREGO
