Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da Mesa Xeral e da Mesa Sectorial para o próximo xoves 17 para tratar as propostas de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, así como a proposta de acordo para convocar o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño para o persoal laboral e o acceso aos graos I, II e IIII do sistema extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario.
MESA XERAL
- Proposta de anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia e a avaliación do desempeño ⇔ BORRADOR INICIAL DECRETO CARREIRA
- Proposta de acordo entre a Xunta de Galicia e as Organizacións Sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral ⇔ BORRADOR CONVOCATORIA DESEMPEÑO GRAOS I II E III LABORAIS
MESA SECTORIAL
- Proposta de acordo entre a Xunta de Galicia e as Organizacións Sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do sistema extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa para o persoal funcionario ⇔ BORRADOR CONVOCATORIA CARREIRA GRAOS I II E III FUNCIONARIOS
