O día 22 de agosto de 2025 as Organizacións Sindicais mantivemos unha xuntanza coa
Dirección Xeral de Defensa do Monte (DXDM) para abordar a grave situación derivada dos incendios forestais de Galicia e as condicións de traballo do persoal.
Na reunión trasladamos as seguintes demandas e cuestións:
1. Cobertura áxil do 100 % de tódalas prazas vacantes e non vacantes do SPIF
(incluídas incapacidades temporais e vacacións), co obxectivo de garantir que o operativo
poIda funcionar con plena capacidade. Non podemos nin debemos permitir que, en plena
campaña de incendios estivésemos con mais de 200 prazas sen cubrir.
2. Convocatoria inmediata do Comité de Seguridade e Saúde do persoal en tarefas de
extinción:
a. Novos EPIs de extinción: ante a aparición de queimaduras en moitos
compañeiros/as ocasionadas a causa da radicación producida, polas lapas nos
novos traxes de extinción, solicitamos que se tomen as medidas correctoras
necesarias de cara a resolver este problema (eliminación das bandas reflectantes
de brazos e pernas e cambio de patróns para que os brazos teñan unha folgura
maior entre a pel e o propio traxe ignífugo).
b. Desinfección dos EPI de extinción, debido á exposición a contaminantes de
orixe químico: non é comprensible que levemos 2 anos reclamando esta cuestión
e aínda se lle sigan dando voltas, cando outras Comunidades Autónomas xa o
teñen resolto.
c. Solicitamos un informe detallado dos accidentes producidos durante a
actual vaga de lumes, así como as conclusións das investigacións realizadas das
súas causas.
3. Solicitamos, unha vez pasada a vaga de lumes, a apertura dunha mesa de
negociación de cara a regular as condicións do persoal desprazado fora do seu
Distrito, en especial cando sexa necesario pasar a noite fora dos seus domicilios.
4. Tempo de traballo máximo de 12 horas: garantir a seguridade do persoal debe ser a
premisa fundamental do servizo, debemos ter claro que non se pode nin se debe pasar
as 12 horas de traballo efectivo, por iso é fundamental que o operativo estea completo ao
100%. Solicitamos información precisa sobre como se van a compensar todas as horas
extras realizadas de todo o persoal do SPIF.
Desde as Organizacións Sindicais insistimos na necesidade de que da situación vivida neste
último mes, con mais de 570 incendios na nosa Comunidade, é necesario cambiar cousas e
seguir reforzando un operativo público, que estes días demostrou ser o mellor de todo o pais,
por iso e para seguir mellorando, é necesario que:
-O dispositivo estea operativo durante os 12 meses do ano.
-As condicións de traballo sexan iguais para todos, debe estenderse aplicación do
acordo de persoal funcionario ao persoal laboral.
–Incremento de persoal coa creación de prazas onde sexa necesario (centros de
coordinación, puntos de vixilancia, bombeiros forestais e por suposto xefes de
brigada – o feito de crear 147 prazas desta especialidade permitiría duplicar o
número de brigadas).
NOTA INFORMATIVA CONXUNTA REUNIÓN DXDM 22.08.25
*Imaxe: fonte La Voz de Galicia
