Mesa sectorial 15 decembro: OPE 2025 lei 17/1989, RPT APLU, convocatoria concurso-oposición persoal de escala saúde pública

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa sectorial o próximo luns día 15 para abordar a OPE para o 2025 de persosal sanitario funcionario ao servizo da CCAA, proposta de modificación da RPT da APLU e convocatoria do concurso oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria. 

Orde do Día 

  • Proxecto de decreto polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2025 do persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de Creación de Escalas do Persoal Sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma >> OPE_LEI_17
  • Proposta de modificación da relación de postos de traballo do ente público de natureza
    consorcial Axencia de Protección da Legalidade Urbanística >> MOD_RPT_APLU
  • Proxecto de Resolución da dirección xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de
    Saúde pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro) >> Borrador_convocatoria