No DOG de hoxe día 3 de febreiro publícase a convocatoria para anotarse, de xeito voluntario, aos recoñecementos médicos periódicos, a inscrición realizarase a través de PORTAX para o persoal da Administración xeral da Xunta de Galicia e de OPAX para o persoal da administración de xusticia.
O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG.
- ❌ Exclúese persoal docente, Sergas, entes públicos e fundacións
- 📌 Excepcións: nova incorporación, reincorporación tras baixa prolongada por saúde ou vacacións (debe xustificarse ante o SPRL)
Consulta aquí a resolución ⇔ Campaña vixilancia da saúde
