Modificación da xornada os días 17 e 18 de febreiro

Con motivo da celebración das festas do Entroido, infórmase da modificación da xornada laboral para os días 17 e 18 de febreiro de 2026, aplicable ao persoal empregado público da Xunta de Galicia naquelas localidades nas que non estea establecido como festivo local.

As condicións serán as seguintes:

Horario oficial

  • O martes 17 de febreiro  a hora de saída será ás 14:00 horas.
  • O mércores 18 de febreiro a hora de entrada será ás 9:00 horas.

Horario de flexibilidade automática

  • O martes 17 de febreiro de 2026 a hora de saída será ás 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario.

  • O mércores 18 de febreiro de 2026 a hora de entrada será ás 9:00 horas, quedando reducida nunha hora e quince minutos a parte flexible do horario.

 Horario de flexibilidade por conciliación

  • O martes 17 e o mércores 18 de febreiro de 2026 reducirase nunha hora e quince minutos a xornada dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación.

Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida con festivo local.