Relación Provisional do concurso para a provisión de postos vacantes da Admon.xeral de Galicia

Vimos de ser informados de que mañá día 13 de xuño publicarase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguir leyendo «Relación Provisional do concurso para a provisión de postos vacantes da Admon.xeral de Galicia»

Buzón de postos do concurso de traslados: Veterinarios e Especial+Xeral Laboratorio, Condución, Cociña, RRNN

Vimos de ser informados do buzón de postos que se ofertarán nun próximo concurso de traslados para a provisión de postos de traballo vacantes  dos concursos Escala de Veterinarios e Concurso Especial+Xeral Laboratorio, condución, cociña, RRNN (XELC-XELR-XEE-XET).

Seguir leyendo «Buzón de postos do concurso de traslados: Veterinarios e Especial+Xeral Laboratorio, Condución, Cociña, RRNN»

Convocado o programa de autoformación do ano 2025

A EGAP convoca 14.800 prazas distribuídas nas 74 actividades correspondentes ao programa de autoformación, dirixido ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Seguir leyendo «Convocado o programa de autoformación do ano 2025»

Segunda convocatoria de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica

A Escola Galega de Administración Pública convoca 62 actividades de formación continua e 2.325 prazas correspondentes ao segundo semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Seguir leyendo «Segunda convocatoria de actividades dirixida ao persoal da Administración autonómica»

Resolución concurso F0224: Escalas Inspección Consumo

Vimos de ser informados de que o vindeiro día 14 de maio publícase no Diario Oficial de Galicia a Resolución pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspectoras e inspectores de consumo e do corpo administrativo da Administracion Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo, convocado pola Resolución do 6 de febreiro de 2024.

Seguir leyendo «Resolución concurso F0224: Escalas Inspección Consumo»