Os sindicatos CSI-F, CC.OO, CIG e UGT convocamos a partir deste mércores, 18, unha folga no colectivo de Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública (FISP) para reclamar á Xunta a apertura dunha mesa de negociación para defender a saúde dos cidadáns, o que esixe alcanzar os parámetros de calidade necesarios do servizo, que adolece de falta de medios e de persoal e que viu reducir a periodicidade das inspeccións nos últimos anos.
Ademais de denunciar a imposición por parte da Consellería de Sanidade de servizos mínimos superiores ao 53%, reclamamos a apertura dunha mesa de negociación para resolver as carencias que ten o servizo, mal organizado e peor xestionado
Sanidade está a impor por decreto unhos servizos mínimos superiores aos que con carácter ordinario hai polas tardes e os fins de semana, que son cero porque non existen. É lamentable a actuación do goberno Feijoo que, en vez de negociar co persoal inspector e reconducir este conflito pola senda do diálogo, se limita a botarlle mais gasolina ao lume pretendendo impor a realización de horas extras ilegais ao persoal do Laboratorio ou mesmo que se sigan realizando as actividades ordinarias, coa única intención de intentar minimizar os efectos desta folga de cara a opinión pública.
A pesar das ameazas e das presións, os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública concentrámonos hoxe, a partir das 11.00 horas, diante da Consellería de Sanidade, en San Lázaro (Santiago de Compostela).
A información sobre o conflicto dos FISP nos medios:
- Farmacéuticos de salud públicos inician una huelga contra la reducción de las inspecciones sanitarias. La Voz de Galicia.
- Os farmacéuticos inspectores de Saúde Pública inician unha folga para reclamar unha mesa de negociación coa Xunta. El Correo Gallego
- Las banderas azules gallegas, en peligro según los sindicatos. La Región
- Entrevista a Manuel Piñeiro, delegado de CSI-F Radio Voz
- Los farmacéuticos inspectores denuncian que la Xunta «descuida» la gestión de la sanidad ambiental El Faro de Vigo