PROPOSTA DE ACORDO DA DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA E AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS PARA O RECOÑECEMENTO DO TEMPO DO SERVIZO MILITAR PARA O CÓMPUTO DOS TRIENIOS DO PERSOAL LABORAL DO V CONVENIO COLECTIVO DA XUNTA DE GALICIA.
O artigo 26 do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia establece:
“Para o cómputo de trienios, …… …., teranse en conta os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente”.
O Tribunal Supremo non ten emitido un pronunciamento xudicial sobre o fondo do asunto xa que nos recursos de casación interpostos se ven utilizando a sentenza de contraste STSXG do 16 de xuño de 2001, que é a única sentenza firme desfavorable ao recoñecemento dos trienios de que se dispón.
Analizado polo miúdo o contido das sentenzas recaídas pódese concluír que na práctica totalidade delas se recoñece ao persoal laboral da Xunta de Galicia o dereito a que se contabilice, aos efectos de antigüidade, o período no que os demandantes realizaron o servizo militar para o cómputo dos trienios
En aplicación da disposición adicional décimo primeira do V con. Col. citado,
AS PARTES ACORDAN
Primeiro.-Recoñecer, para o persoal laboral do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, segundo a interpretación literal do seu artigo 26, os servizos prestados durante o tempo de duración do servizo militar ou equivalente para o cómputo dos trienios.
Segundo.-O dito recoñecemento terá efectos económicos dende a reclamación administrativa previa desestimada pola administración para aqueles traballadores que non o teñan recoñecido xudicialmente mediante sentenza definitiva e firme.
Terceiro.-As novas solicitudes resolveránse aplicando o criterio da literalidad da norma citada.
Poderanse presentar alegacións ate o vindeiro martes, día 28 de xullo.