Segundo acaba de informar a Dirección Xeral de Función Pública, o vindeiro martes achegará ás OO.SS un documento onde se recoñece a condición de Bombeiro Forestal ao persoal do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF).
A proposta de Función Pública tamén recollerá o establecemento do pase voluntario a unha segunda actividade desligada da extinción directa.
Dende a CSI-F mantemos a prudencia debida e agardaremos a ter a proposta da Dirección Xeral de Función Pública para facer valoracións.
Seguiremos informando.