Publicación do procedemento de cobertura temporal de postos de funcionarios de saúde publica

CSIF INFORMAInfórmase que está previsto que o próximo luns, 3 de outubro, se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 20 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se regula o procedemento de cobertura temporal de postos de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

De conformidade coa súa disposición transitoria, en próximas datas anunciarase no Diario Oficial de Galicia a apertura do prazo de inscrición en listas das persoas interesadas.